Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
8M

Rosa Graña, premio Uviguala 2023 polo seu compromiso coa igualdade

O reitor, no acto de entrega do recoñecemento, fixo un chamamento á unidade do feminismo, “porque xuntas somos máis fortes”

“Necesitamos unha revolución, unha transformación radical que acabe coas desigualdades, coa violencia, coa inxustiza e coa precariedade. A revolución que necesitamos é o feminismo”. Con esta reivindicación recolleu este mércores o Premio Uviguala 2023 Rosa Graña, xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos. A entrega desta distinción, que recoñece o compromiso das e dos membros da comunidade universitaria coa igualdade, foi o eixo central das actividades que organizou a Universidade de Vigo para conmemorar o Día Internacional da Muller.

No acto, que se celebrou no edificio Miralles, o reitor, Manuel Reigosa, felicitou á galardoada, “unha persoa que traballa 24 horas ao día, sete días á semana, 365 días ao ano, pola igualdade”.  Na súa intervención, o reitor recoñeceu que aínda queda camiño por andar para acadar unha “sociedade xusta e igualitaria”, porque “os datos amosan que, incluso nunha Universidade que se preza de ser igualitaria, que se manifesta feminista e que no seu Plan Estratéxico ten a igualdade como eixo fundamental, aínda non somos igualitarios”.

Reigosa tamén recoñeceu sentir “unha mestura incómoda, entre a ledicia e o desazo” pola falta de unión do feminismo neste 8M. “Esta marea de cor e enerxía, esta auténtica revolución que se vén anunciando dende hai tempo está fracturada”, recalcaba, e cómpre “aparcar as diferenzas e traballar na busca dese mundo mellor no que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades”. Para iso solicitou “a todas e todos unidade de pensamento e de acción, hai que debater moito, tomar acordos e seguir xuntas, porque xuntas somos máis fortes”.

A directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, foi a encargada de ler a acta da Comisión de Igualdade que acordou por unanimidade concederlle esta distinción a Rosa Graña, por ser, entre outros méritos, “un exemplo da xestión con perspectiva de xénero, no traballo de administración e de servizos da nosa universidade; de compromiso profesional e institucional co alumnado máis desfavorecido ou vulnerable; por ser unha icona dentro da UVigo como referente de que a transversalidade de xénero na xestión administrativa e de servizos na nosa comunidade universitaria, loitando por evitar as situación de violencia machista institucional ou por traballar para converter a nosa Universidade nun lugar acolledor e seguro, que promove a convivencia e o respecto durante o proceso de aprendizaxe e madurez do noso alumnado, co fin de contribuír activamente á construción dunha sociedade máis humana, xusta e igualitaria”.

Un discurso reivindicativo centrado na situación das mulleres do PAS

Tras recoller o premio de mans do reitor, Rosa Graña pronunciou un sentido discurso no que fixo unha firme defensa do feminismo e da loita contra o patriarcado. Arrancou a súa intervención lembrando a figura da súa nai, unha muller nada en 1929 que saíu da escola aos 12 anos, “modista desde os 18, mestra de modistas e que sempre lle dicía: ‘filla non dependas nunca dun home’”. Xunto a ela recordou tamén as súas tías, “mulleres decididas e independentes”, unha historia familiar que a marcou, que fixo que non tivera que inventarse como feminista, senón simplemente seguir o seu legado. “Recibir un premio o 8 de marzo, data con tanto significado histórico e social, resulta, ademais de emocionante, alentador, nada nos vai parar”, recalcou Graña, quen agradeceu o premio á Unidade de Igualdade, a Natalia Caparrini e a Maribel Doval, “as vicerreitoras coas que xestiono a maior parte das axudas e subvencións”, e ao resto das persoas coas que deseña as convocatorias das diferentes axudas e subvencións.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00