Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello de Ribadavia solicita axuda para mellorar a praza exterior da Portanova

O proxecto ascende a 48.398,31 euros

Vista de la Portanova de Ribadavia / Cadena SER

Vista de la Portanova de Ribadavia

Ribadavia

Ribadavia volve solicitar a mellora do exterior da Portanova, e o camiño da Barca ata o Campo da Feira, en pleno corazón da zona monumental.

O Proxecto denominase “Humanización e embelecemento do Camiño da Barca no seu acceso ao Castelo dos Condes Sarmiento”, e presentase ao amparo da resolución do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas para o ano 2023, trátase de unha convocatoria da Xunta para subvencións a concellos para a mellora das súas infraestruturas turísticas.

O proxecto ascende a 48.398,31 euros, mentres que a subvención á que se opta é de 30.000 euros, o demais sería aportado polo Concello de fondos propios.

Argumenta o Concello que o castelo é unha das principais infraestruturas turísticas de Ribadavia, e ademais de ser un lugar referencial dos milleiros de visitantes e turistas anuais que ten Ribadavia, tamén alberga eventos moi importantes como a Mostra Internacional de Teatro.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir