Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Esquerda Unida de Ponteareas fai público o seu programa

Porpostas de igualdade e aposta pola educación pública

Reunión de Esquerda Unida e Podemos Ponteareas.

Reunión de Esquerda Unida e Podemos Ponteareas.

Vigo

Podemos e Esquerda Unida Ponteareas seguen co seu calendario de xuntanzas programáticas abertas a toda a poboación da vila para elaborar o programa de goberno para as eleccións municipais de maio. A presentación do documento completo farase a mediados do mes de abril.

A última xuntanza da pasada semana centrouse nas políticas de igualdade, dereitos LGTBI e educación. Entre as medidas incluídas no seu programa atopamos impulsar as escolas rurais e unitarias, ampliar as prazas de Escola Pública Infantil, acondicionar os comedores para mellorar a conciliación familiar, fomentar os centros municipais de FP, desenvolver campañas de sensibilización en materia de igualdade e diversidade afectivo-sexual, mellorar o funcionamento do CIM e cumprir o Plan de Igualdade que deberá ser seguido por todas as concellerías.

Na reunión aprobáronse propostas de mellora no funcionamento e o traballo da Concellería de Igualdade, o cal queren que conte con persoal específico e cun orzamento suficiente para as políticas propias dirixidas ás mulleres. Tamén acordouse crear un Observatorio de Xénero Municipal encargado de afondar na análise da realidade de Ponteareas en relación de igualdade, ampliando o foco á situación das mulleres na contorna rural da vila. Este observatorio terá como obxetivo ser un espazo de debate e de constante análise da realidade da vila para garantir que Ponteaeas é un espazo igualitario.

Estas medidas van enfocadas, en palabras da número dous da candidatura, Patricia Pardo, a “Construír unha Ponteareas que se sinte orgullosa da diversidade, que aplica políticas de igualdade entre homes e mulleres e que ten, entre as súas prioridades, combater a lacra da violencia de xénero atendendo como debe ás vítimas”. A última das xuntanzas programáticas celébrase na sede de Esquerda Unida Ponteareas (Rúa Amado Garra, 12) o sábado 25 de marzo ás 10h para acordar o programa de goberno nas áreas de mocidade, maiores, deporte e cultura. Manoel Ucha, candidato á alcaldía do espazo político, insiste na necesidade de “Facer de Ponteareas unha vila que non deixa ningunha persoa atrás e que coloca a vida e os coidados no centro” e recorda “Todas as reunións programáticas son abertas a calquera persoa do pobo e estamos con moita ilusión de ver como as persoas están a participar e a aportar ao programa de goberno”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir