Gente

O artista chileno JP xa está traballando no mural de homenaxe ás irmás Touza.

Leva por nome "A nai"

O artista chileno JP posa co esbozo do mural en homenaxe as irmáns Touza

O artista chileno JP posa co esbozo do mural en homenaxe as irmáns Touza

Ribadavia

A súa ubicación é no barrio da Estación, na parede medianeira do antigo Hostal Alfonso, edificio situado nunha das entradas á Ribadavia, entre a estación de Tren e o Convento de San Francisco.

O deseño foi supervisado e aprobado pola Comisión do PERI e está sendo realizado polo artista urbano Jotapé,“JP”.

O Concello é o promotor desta acción con varios obxectivos: continuar coas actividades de Memoria Histórica de Ribadavia e coa posta en valor e difusión do legado das Irmás Touza, así como a reivindicación da muller.

Trátase de unha acción coordinada entre dúas concellarías, a de mocidade e cultura do Concello de Ribadavia, en colaboración coa “Asociación Interplusvalía” e o “Proyecto Confluencias y fronteras" a través da OMIX.

Esta acción sitúase dentro do proxecto artístico e educativo "Confluencias e fronteiras" e foi lanzado por Elisabeth BOURDON, cidadá bretoa que estivo en varios intercambios do IES Ribeiro na súa adolescencia, o que lle valeu para coñecer o noso territorio e pretender valorizar o sincretismo, as referencias culturais, históricas, linguísticas e gastronómicas que compartimos en Bretaña, Galicia e o Norte de Portugal.

O obxectivo é converter este acto e estas figuras históricas das Irmás Touza en símbolos poéticos, universais, que trascenden as fronteiras, e que sendo de épocas diferentes son capaces de transmitir valores como valentía, xustiza e amor.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00