Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
Orquesta Clásica de Vigo

A Orquestra Clásica porá música en directo ao filme ‘Canto de emigración’

A película-concerto terá lugar o sábado 25 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do teatro Afundación de Vigo

A Orquestra Clásica de Vigo interpretará en directo no próximo concerto da temporada Escoitas a banda sonora do filme Canto de emigración, que será proxectado por primeira vez na cidade o sábado 25 de marzo. A cita será ás 20:30 horas no auditorio do Teatro Afundación e as entradas xa están á venda na plataforma Ataquilla.

Canto de emigración é a imaxinación do filme perdido de Antonio Román, obra única e vangardista do patrimonio fílmico galego. No ano 1935 estreábase en Madrid a primeira película do director ourensán, unha peza de vinte minutos realizado á maneira da vangarda socialista que retrataba a dureza do traballo no campo e o drama da emigración seguindo o fío condutor da música do compositor tudense Teódulo R. Páramos. Este filme perdeuse trala guerra e na actualidade o material localizado son as cartas, o guión, entrevistas en revistas da época, dous fotogramas e o manuscrito da partitura orixinal, conservado con celo pola familia do compositor.

Canto de emigración é un traballo de investigación e reconstrución dirixido polo cineasta Pepe Coira no que se busca chegar á imaxe a través dos vestixios existentes, empregando a partitura como fonte principal. É, polo tanto, un proceso xerado á inversa das recreacións habituais. Con edición crítica e dirección musical de Manuel Martínez Álvarez-Nava, o concerto terá como centro esta peza única de Teódulo R. Páramos, interpretada en directo pola Orquestra Clásica de Vigo e poñéndoa en relación coa música dos cafés, cinemas e teatros da cidade, nos que o compositor participaba activamente.

Os billetes para o concerto xa están á venda na plataforma Ataquilla desde 13 euros. Tamén haberá entradas dispoñibles na billeteira antes do concerto, a un prezo de 5 euros para persoas menores de 30 anos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00