Sociedad

Ribadavia cambia o circuíto de auga e calefacción do Pavillón

Na última década eran habituais as avarías nesta instalación municipal.

Pavillón de Ribadavia / red

Pavillón de Ribadavia

Ourense

Unha obra moi necesaria que levaba anos sendo demandada, xa que a instalación de fontanería e auga quente nunca se cambiara, dende a súa inauguración na década dos anos 80.

Remataron as obras para subsanar as deficiencias na caldeira de biomasa e no circuito de AQS no Polideportivo O Consello. A situación na que se atopaba a instalación de fontanería e calefacción "facía urxente unha intervención para evitar o colapso de toda a rede".

Na última década eran habituais as avarías e queixas dos usuarios pola situación da Auga quente nos vestiarios.

Ademais, aproveitouse o final da obra para facer a primeira carga do silo de pellets (15 toneladas) coa construción de novo silo incrementando a capacidade a aproximadamente 20 Toneladas, entre múltiples actuacións.

A data de adxudicación de esta obra foi o 27 d e setembro do pasado ano por un importe de 47.297,69 € (IVE INCLUIDO).

O Concelleiro de Deportes, Enrique Rodríguez, manifestaba a súa satisfacción por esta importante obra, "e agarda que supoña a revalorización do noso Pavillón".

Así mesmo, recorda a petición realizada fai dous anos desde o Concello á Deputación para o cambio da pista central do Pavillón, para o cal o Concello ten rexistrado o proxecto na Deputación desde fai anos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00