O concello da Guarda chama aos veciños a depositen o lixo nos contedores de xeito correcto
Os veciños e veciñas teñen a súa disposición un punto limpo onde poden depositar os residuos.


O Concello da Guarda fai un chamamento a todos os guardeses e guardesas para que depositen dentro e correctamente o lixo nos distintos contedores que teñen a súa disposición, de forma que se garanta a eficiencia do sistema de recollida selectiva.
O servizo de limpeza do concello vén de detectar un aumento de situacións que son contrarias as boas prácticas ou que supoñen un prexuízo para todos os veciños e veciñas, ademais de entorpecer o funcionamento do sistema de recollida de residuos.
Algunhas das situación que atopadas son por exemplo, bolsas e cartón tirado fóra e nos arredores dos contedores destinados a ese material, que quedan á intemperie polo que poden ser esparexidas por animais e difíciles de recoller e non poden ser reciclados ao mollarse. Este é o caso do cartón, o correcto e dobrar as caixa o máximo posible para que entren polas bocas dos colectores e depositar sempre os residuos dentro dos colectores.
Algo similar ocorre coa roupa, esta debe introducirse dentro do colector ou ser levada ao punto limpo, xa que cando a roupa se mancha ou molla , xa non serve para reutilizar.
No relativo aos envases lixeiros (latas, botellas de plástico, etc.) o axeitado e esmagalos xa que soen ter un volume moi alto e se non están esmagados enchen enseguida o colector impedindo a outros veciños poder botalos dentro polo que o deixan fóra ou enriba. As grandes bolsas non entran polas bocas polo que as deixan fora provocando problemas de salubridade.
Temos que recordar que todos os veciños e veciñas teñen a súa disposición un punto limpo onde poden nun horario bastante amplo e gratis ir a depositar os residuos.
Por outro lado temos que agradecer sempre e moito aos veciños e veciñas que o fan ben, a os que botan o lixo nos contedores axeitados e dentro del, por que “manter o pobo limpo e cousa de todos”.