Lara Méndez : "O PP sempre pide, pero cando ten que facer non fai nada"
A rexedora socialista pasouse polos micrófonos de Hoy por Hoy Lugo para falar da actualidade municipal da cidade

Entrevista a Lara Méndez, alcaldesa de Lugo (15/02/2023)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
A rexedora de Lugo, Lara Méndez, denuncia a falta de congruencia do Partido Popular tras as declaracións de Elena Candia dubidando sobre o compromiso da Xunta para apoiar económicamente a transformación do Cuartel de San Fernando no Museo da Romanización de Galicia. Méndez espera que Rueda "cumple coa súa palabra e que se aprobe unha liña de axuda para levar a cabo esta actuación".
A socialista non entende "as sorpresivas palabras de Candia renegando do compromiso adquirido polo presidente autonómico incluso falando dun proxecto oculto, non sei que proxecto, pero fala doutro, non cultural, para ese ente".
Con todo, a alcaldesa asegura que este comportamento non é novo na bancada popular. Asegura Méndez que "o PP sempre pide, pide e pide, pero cando ten a responsabilidade de facer non fai nada", sentencia.
Espera que a posición dos populares cambie con respecto a temas que incumben ao benestar da cidadanía. O goberno local solicitará á Xunta de Galicia que arranxe e habilite como estacionamento a contorna do campo de fútbol de As Gándaras "e veremos que posición toma o PP".
Recorda que "interpelaron en varias ocasións ao goberno para acometer esta actuación, esquecendo que era competencia do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Así que esperamos que agora, malia ser competencia da Xunta, no pleno apoie a proposta".
No seu paso polo Hoy por Hoy Lugo, a alcaldesa lucense puxo en valor que Lugo sexa este mes a capital da Cultura do Eixo Atlántico. Máis de trinta eventos e centos de actividades compoñerán un programa que busca poñer, de novo, a Lugo no mapa nacional e internacional.
"O vindeo día 23 de febreiro comezará un mes cheo de actividades culturais. Farase da man da orquestra sinfónica de Portugal como mostra de hermanmento e co gran Abraham Cupeiro como lucense de referencia", especifica.
Méndez tamén deu conta dunha chea de actuaciones que se levarán a cabo no rural lucense asi como o inicio dunha campaña contra a sumisión química da man de hostaleiros da noite
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo