La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
PXOM

O Concello de Nigrán obtén un avance histórico de cara a aprobación provisional do PXOM

Todos os informes sectoriais son favorables tras comunicar o 26 de xaneiro o seu beneplácito da Axencia Galega de Infraestruturas

Paso trascendental no futuro urbanístico de Nigrán: o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán conta xa oficialmente con todos os informes sectoriais favorables, cuestión indispensable de cara a súa aprobación provisional. Este avance se produce ao recibir o Concello o 26 de Xaneiro a comunicación positiva da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) despois de case 3 anos negociando para poder suprimir definitivamente do documento o vial de alta capacidade A Xunqueira-Saiáns que toda a corporación rexeitara xa no 2013 (ano da súa aprobación inicial) e que desde a Xunta consideraban necesario. Este documento definitivo será presentado en todas as parroquias e pendurado na web municipal a partir de marzo para que toda a veciñanza interesada o poda consultar antes de ir a Pleno.

“Tras case 3 anos de reunións técnicas e políticas ao fin obtemos a resposta favorable da AXI que abre a porta de cara a aprobación provisional”, valora o alcalde, Juan González, quen defende “a cautela e consenso” entre as dúas administracións para “non vender promesas nin fume” ata obter o que hoxe xa é unha realidade: o informe positivo. Para acadar este punto, o propio rexedor recoñece que foron preciso “moitas horas e moito esforzo por parte do equipo redactor e dos técnicos municipais para xustificar ante a AXI a viabilidade de suprimir o vial A Xunqueira-Saiáns sen comprometer a mobilidade futura no municipio”. Así, Alfonso Botana e o seu estudo foron quen de avalar técnicamente esta posición, o que incluíu deixar plasmado no documento a vertebración da mobilidade interna dos diferentes SAU (‘Suelo Urbanizable’). “Tiñamos claro que o vial tiña que desaparecer para sempre do PXOM porque era innecesario, irreal e tronchaba Nigrán en dúas partes prexudicando a milleiros de veciños”, resume González, quen agradece neste sentido “a boa vontade da AXI, que finalmente aceptou este argumento tras demostrarlle técnicamente que resultaba innecesario”.

Unha vez pechada a fase máis complicada do plan urbanístico, a de dispor xa de todos os informes favorables (Patrimonio, Augas de Galicia, Costas do Estado e de Galicia, Portos, Medio Ambiente…), o equipo redactor liderado por Alfonso Botana presentará nas vindeiras semanas ante a Xunta un único documento refundido coa proposta definitiva de PXOM e o ‘Estudo Ambiental Estratéxico’, cuestións ás que a Xunta debe responder nun prazo máximo de 3 meses coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia. “Con todos os informes positivos a resposta a este informe de sostibilidade será favorable e, a partir de aí, poderemos levalo a un Pleno para a súa Aprobación Provisional”, explica o rexedor, quen incide en que será “en canto se reciba resposta por parte da Xunta, sen máis demora por parte do Concello, o que permite ser moi optimistas”. “Dependerá se a Xunta responde nun mes, dous ou tres, por iso prefiro ser prudente e non dar datas concretas pero, ao fin, Nigrán contará moi pronto cun plan urbanístico do século XXI, sendo un dos poucos concellos de Galicia en dispor del”, engade González.

“É unha enorme tranquilidade e unha satisfacción ter rematados todos os ‘deberes’ do PXOM por parte do Concello de Nigrán. Non foi fácil, cada informe tivo que ser pelexado duramente durante estes anos pero ao fin estamos aquí, no momento final, o da súa aprobación provisional de cara xa a definitiva”, sintetiza González.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00