O Concello de Vigo valora co profesorado a convocatoria de bolsas de inmersión lingüística en alemán
Caballero mantén este luns unha reunión co profesorado de alemán da cidade para extender o programa de inglés a alumnado do idioma xermano


O goberno de Vigo ten comprometida xa a ampliación do programa de inmersión lingüística ao francés e agora estudará a posibilidade de facelo tamén co alemán. Con ese fin, o rexedor recibe este luns a profesorado de alemán da cidade con quen abordará todas as cuestións necesarias para poder desenvolver este proxecto.
Tal e como apuntou Caballero, o programa de inmersión lingüística municipal “Vigo en inglés” envía cada ano a preto de 1.000 alumnos a aprender o idioma ao Reino Unido ou Irlanda, mediante unha estadía de tres semanas. O Concello estuda xa a convocatoria das bolsas de inmersión lingüística en francés, para o que será necesario contar cun número mínimo de cincuenta alumnos, e ábrese á posibilidade de que o alumnado vigués estude tamén alemán cunha bolsa municipal.