La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Obras

O Porriño tramita a licencia para a construción dun novo hotel que sumará 135 plazas

O orzamento para o proxecto de construción é de máis de 1,5 millóns de euros

O Concello do Porriño tramita a licencia para a construción dun novo hotel na vila que se ubicará na céntrica Avda. Domingo Bueno. Así o anunciou o alcalde, Alejandro Lorenzo, quen explicou que o proxecto de construción deste novo establecemento hoteleiro conta cun orzamento de 1.570.800,00 € e levarase a cabo nunha parcela de 733,13 metros cadrados con fachadas no número 1 da Avda. Domingo Bueno e na Rúa Antonio Palacios.

O edificio proxectado terá catro plantas unha delas acollerá a recepción, cafetería e sala multiusos, a segunda situará o segundo acceso ao hotel dende a rúa Antonio Palacios tamén con vestíbulo e sala de usos múltiples e habitacións , e unha terceira adicada integramente a habitacións. Ademais construirase tamén un sótano destinado a lavandería, vestiarios, cuartos técnicos e almacén xeral.

“Este novo establecemento con 65 habitacións e sumará 135 prazas á oferta hoteleira do Porriño”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Para unha vila co dinamismo e potencial industrial, cultural e deportivo do Porriño a construción dun novo hotel é unha gran nova, xa que na actualidade non temos capacidade para acoller ao volume de persoas que nos visitan por motivos de lecer, ocio ou incluso de traballo”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00