Sociedad | Actualidad

Valentín González Formoso anuncia melloras na senda de Corcubión

Haberá separación entre peóns e vehículos. Estúdase unha alternativa segura na zona de Quenxe González Formoso quere seguir contando con Pequeño.

Valentín González Formoso visita Corcubión

Valentín González Formoso visita Corcubión

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou hoxe a senda peonil de Corcubión, unha obra na que o ente provincial investiu máis dun millón de euros para “mellorar a seguridade vial a un lugar como o Faro”. González Formoso lembrou que tras esta actuación, o vial pasou de ter “4,5 metros de ancho a máis do dobre (10 metros). A xente poderá desfrutar e circular con seguridade” afirmou. O rexedor provincial botou a vista atrás para recordar que “as críticas eran de falta de seguridade. Antes non se podían cruzar un autobús e un coche. Hai que apaludir esta inversión de 1.145.000 euros”.

A obra realizada pola Deputación foi obxecto de diversas críticas nas últimas semanas. Son moitos os que cuestionan o seu impacto visual, considerando que se podería ter apostado por unha actuación máis modesta ao tempo que máis cómoda para o peón. “En cuestións estéticas non nos imos meter” concluiu González Formoso. A ausencia dunha separación entre os espazos reservados a peóns e vehículos tampoco gusta aos críticos. O presidente da Deputación está disposto a realizar o necesario para que ambas zonas queden delimitadas e dotar de máis sensación de seguridade aos camiñantes. “Calquera proposta para mellorar a infraestructura vai ser atendida dentro do que podemos facer. O Concello pide sinalizar o espazo entre a senda peonil e o vial”. Ademáis, González Formoso avanzou a posibilidade de que a estrada acabe “estando pavimentada douta maneira cando repise”.

Non serán as únicas modificacións ao redor da senda xa que o alcalde, Lalo Insua, avanzou a realización “dun estudo topográfico para ver a posibilidade de enlazar a senda co casco urbano de Corcubión”. Na presentación do proxecto, o BNG sinalara o problema que significaba a zona de Quenxe para que os viandantes puidesen transitar sen perigo entre a urbanización de Quenxe e o comenzo da senda peonil. Na reunión que mantida hoxe cos voceiros dos diferentes grupos políticos, barallouse a opción de construir unha pasarela ou infraestructura similar para salvar a estreitez que presenta a estrada na zona do lavadoiro e a posterior subida. O rexedor corcubionés mostrousae feliz coa finalización da senda peonil porque “era unha obra necesaria. É unha zona moi transitada. A volta a Redonda é un clásico… estamos pensando en facer un Trail polo transitada que é”.

Elecións municipais

Valentín González Formoso comentou tamén a renuncia de José Manuel Pequeño a optar a un novo mandato en Dumbría. O presidente da Deputación, e máximo responsable do PSOE en Galicia, anunciou o seu desexo de contar con Pequeño noutras responsabilidades.

“Tentaremos que non colgue a camiseta de todo. Ten que ir a outras instancias a aportar o que sabe e o que ten feito. O Concello queda en boas mans, é boa a elección que fixo Pequeño” afirmou en referencia á escolla de Raúl González para asumir o liderado na lñista do PSOE dumbriés.

Pola súa banda, o alcalde de Corcubión evitou confirmar se se presentará á reeleción.“Esperamos a que os demáis presenten a súa aliñación para decidir nós” bromeou facendo referencia á falla de confirmación oficial sobre quen encabezará as listas do PP e o BNG. En Corcubión tan só José Ramón Rojo (PACOR) e Alfredo González (Sempre Corcubión) están confirmados como cabeza de cartel nas súas formacións.

Mercado medieval

O presidente da Deputación aproveitou a súa visita á vila para reunirse coa comisión organizadora do Mercado Medieval. Logo das dúbidas xurdidas polo desgaste da directiva, semella que en 2023 haberá fin de semana medieval en Corcubión. O voceiro da asociación, Aquiles Garea, respondía esta mañán a preguntas da Cadena SER. “Supoño que sí (haberá festa), ten que habela. Está a cousa en trámites pero agardamos que si. O importante é a recreación histórica, o mercado é secundario e a Deputación vai dar luz verde á súa axuda”. Co apoio do ente provincial, a festa multitudinaria da vila semella ter futuro en 2023.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00