Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
Urbanismo

O goberno local mellorará a seguridade peonil nos accesos ao CEIP Emilia Pardo Bazán utilizando as marcas viais denominadas "dentes de dragón"

Caballero: "Son marcas que dan a sensación de gran estreitamento, forzando a diminución da velocidade"

Exemplo das marcas viais denominadas "dentes de dragón" en Cuntis.

Exemplo das marcas viais denominadas "dentes de dragón" en Cuntis.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá na rolda de prensa a modificación dos accesos ao CEIP Emilia Pardo Bazán, que como explicou “dende a área de Seguridade levan meses traballando nas alternativas”.

O modelo decidido para o Camiño do Chouzo denomínase “dentes de dragón”, consistindo no pintado no asfaltado dunhas marcas viais triangulares que producen unha sensación de estreitamento. Os “dentes de dragón” son un modelo de sinalización horizontal novidoso que ata o momento non se había utilizado en Vigo.

Levarase a cabo o pintado de 60 “dentes” en cada marxe, co obxectivo de sinalizar todo o percorrido do vial que coincide co colexio, preto de 135 metros de longo que contará cunha senda peonil na marxe dereita de 1,5 metros.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00