Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
Accidentes

O 061 de Galicia asistiu 46 persoas por 41 accidentes de tráfico durante esta fin de semana

A provincia de Pontevedra rexistrou un total de 23 accidentes

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 46 persoas debido a 41 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 20 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de xaneiro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 15 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 41 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 46 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59 % e do 41 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 35 % dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas. A Coruña rexistrou 14 e Lugo e Ourense 2 cada unha.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 45. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 38 sinistros.

En 37 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00