Economía y negocios | Actualidad

O TSXG paraliza a Greenalia a autorización do parque eólico Monte Toural

Este parque eólico está situado nos concellos de Coristanco e Santa Comba

Parque eólico en El perdón / Gobierno de navarra

Parque eólico en El perdón

A Costa da Morte

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu a solicitude para a suspensión da desestimación do recurso contra a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se outorgan a Greenalia as autorizacións administrativas previas e de construción do parque eólico Monte Toural, situado nos concellos de Coristanco e Santa Comba.

Esta medida chega meses despois de que o TSXG paralizase preventivamente outros dous proxectos eólicos á mesma empresa, os de Campelo e Bustelo.

A Sala asegura que “concorren as circunstancias que xustifican a adopción da medida precautoria solicitada” e destaca que é “clara” a existencia dun hábitat ecolóxico que “con certeza” vai ver afectado polas obras.

Ademais, subliña que ese hábitat está recoñecido no Inventario de Humidais de Galicia e no Catálogo de Paisaxes de Galicia, na área de especial protección paisaxística, así como que as especies ameazadas ou en perigo de extinción aparecen catalogadas.

“Ningún destes extremos relativos á singularidade e catalogación de espazos e especies foi discutido”, indican os maxistrados, quen recalca que se acreditou “un risco de dano irreparable derivado da execución das obras que permite a autorización”.

A Sala entende que, na ponderación de intereses en conflito, a protección do medio ambiente ha de ser, neste caso, prevalecente.

Ademais, en canto á alegación de Greenalia respecto a que a medida lle produciría efectos prexudiciais, pois afirma que previu un investimento de máis de 12 millóns de euros, o TSXG destaca que no caso de que a autorización recorrida resulte conforme a dereito “non se van a perder”.

Se a resolución é conforme, “o único que lle deparará como perda, como máximo, será un comezo retardado das obras”, xustifica a Sala.

O tribunal acordou a suspensión do acto sen necesidade de prestación de caución.

Contra a resolución cabe interpoñer recurso.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00