Os Reis Magos desfilarán pola Avenida de Sanguiñeda en Mos xunto as catro rondallas da localidade
As crianzas serán recibidas polas Súas Maxestades ao final do desfile


O xoves día 5 de xaneiro, ás 18 h, as carrozas das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, desfilarán pola Avd de Sanguiñeda.
Estarán acompañados polos nenos e nenas do grupo de Pop - Rock os “King Kids”, polos nenos de “Generación M” e polas “Pamisuki”
Tamén acompañarán aos Reis, as carrozas de diferentes Asociacións culturais e as catro Rondallas mosenses: a Rondalla do Centro Cultural de Torroso, a Rondalla da Asociación Cultural de Herville, a Rondalla do Santiaguiño de Guizán e a Rondalla Santa Eulalia de Mos
O Belén vivente estará instalado nunha gran carpa ao final do desfile, onde os nenos e nenas, serán recibidos polas Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente; Melchor, Gaspar e Baltasar.