Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A cidade de Vigo terá 6 horas de cabalgatas de Reis Magos co tema central dos filmes infantís

A cabalgata estática na avenida Castelao comezará a recibir aos nenos e nenas a partir das 11 da mañá.

A cidade está preparada para recibir aos Reis Magos. O Concello ten organizada para a mañá do 5 de xaneiro a cabalgata estática na avenida de Castelao entre as 11:00 e as 14:30 horas da tarde. Pola tarde, a Cabalgata dinámica comezará a partir das 17:30 horas, tal e como apuntou o alcalde na rolda de prensa.

O percorrido comezará na praza América pasando por López Mora, Pi i Margall, Paseo de Alfonso, onde os Reis Magos baixarán das carrozas para desprazarse camiñando ata a Porta do Sol. Alí o alcalde entregaralles as chaves da cidade.

Este xoves 5 de xaneiro desfilarán polas rúas da cidade 11 carrozas que teñen como tema central os filmes infantís.

Máis actividades

Co motivo do Nadal o Concello ten preparadas distintas actuacións ao redor da cidade. Hoxe mesmo pódese desfrutar da Banda de Gaitas Charamusca de Bembrive, que vai desde Ronda de Don Bosco ata Porta do Sol, e ás 20 horas a actuación de Martina López, finalista de Got Talent, en Porta do Sol.

Ademais están no calendario as seguintes actuacións:

Vernes 6:

- 11:45 – Os Ventos de Matamá (Igrexa de Coruxo)

Sábado 7:

-11:00 – Actuación musical e talleres infantís (Plaza de Independencia)

- 12:30 – Banda de Música de Candeán (Porta do Sol)

17:30 – Roscón Guinness (Plaza de Independencia)

19:00 – Actuación de agrupacións corais (Porta do Sol)

Domingo 8:

- 18:00 – Xarabal (Porta do Sol)

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir