Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Ocio y cultura

Catro agrupacións tudenses protagonizan o concerto de Fin de Ano

Serán a Banda de Música Popular de Tui, e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo de Tui

Cartel do concerto de Fin de Ano en Tui.

Cartel do concerto de Fin de Ano en Tui.

Tui

Seguindo a tradición, Tui vai despedir o ano con música co Concerto de Fin de Ano que se vai celebrar este venres, 30 de decembro, ás 20.30 h no Teatro Municipal, a cargo de catro agrupacións tudenses a Banda de Música Popular de Tui, a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, a Coral Polifónica Ponte das Febres e a Coral San Telmo de Tui, e baixo a dirección artística de Eloy Carrera.

Ao longo de 60 minutos as catro agrupacións ofrecerán un programa marcado polas composicións de Nadal pero no que haberá tamén oco para bandas sonoras. Así o concerto comezará coa interpretación de “Los Chicos del Coro” pola Banda de Música Popular de Tui, para a continuación xa xunto coas tres corais ofrecer “Vangelis”. De novo só a banda tocará “Halleluja” para dar paso a interpretación conxunta de “Compañeira”, “Noche de Paz” e “Adeste Fidelis” xunto as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo. O programa continuará con “We Are The World”, “Blanca Navidad”, “Feliz Navidad” e pecharase coa Marcha Radetzky.

As entradas para o concerto de Fin de Ano están xa á venda en tui.gal até este venres ás 20:00 h ao prezos de 4€ e 3€.

Descripción das agrupacións

A Banda de Música Popular de Tui conta con máis de 140 anos de historia na que se formaron importantes músicos e músicas que hoxe en día percorren o mundo tocando en numerosas orquestras, en bandas ou impartindo clases como docentes superiores.  A Coral do Centro Sociocomunitario de Tui foi refundada no pasado ano 2021. Está formada por 32 compoñentes e as súas actuacións inclúen misas, aniversarios de voda, festivais e outras celebracións.

A Coral Polifónica Ponte das Febres leva vinte anos de actividade, e conta con 31 compoñentes. O seu repertorio abrangue unha gran variedade de estilos e épocas, dende música renacentista, pasando por melodías tradicionais galegas. A Coral San Telmo de Tui está conformada por 50 persoas e comezou a súa andadura no ano 2015.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00