La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Política | Actualidad

Ponteareas aposta por crear unha nova praza peatonal no casco urbán

O goberno local contempla a transformación dunha explanada de 1.500 metros cuadrados diante da Casa do Concello

Infografía da nova praza peatonal diante da casa consistorial de Ponteareas

Infografía da nova praza peatonal diante da casa consistorial de Ponteareas

Ponteareas

O goberno local de Ponteareas (formado polo BNG e o PSOE) presentou á veciñanza e comerciantes de nove rúas da localidade os proxectos de humanización previstos para o centro da vila.

Trátase das rúas Concha Brey, Avenida de Galicia (na parte posterior dos Xardíns da Xiralda), Rogelio Groba, Virxe dos Remedios, Constitución, Reveriano Soutullo, Senén Canido, Morales Hidalgo e Vidales Tomé. Segundo a alcaldesa, Cristina Fernández, os proxectos pretenden converter en rúas “de calidade e atractivas espazos que hoxe xa están peonalizados de forma transitoria e transformados en lugares saudábeis, inclusivos e de encontro social”.

Os proxectos abranguen unha superficie total de 8.500 m2 e teñen un orzamento de execución previsto de 2.690.000 euros. Entre as actuacións proxectadas atópase a creación dunha gran praza de preto de 1.500 m2 diante da Casa do Concello. Segundo explicou Roberto Mera, concelleiro de Mobilidade, “este espazo era unha encrucillada de rúas, con tráfico en dous sentidos, vehículos aparcados en dobre e tripla fila e beirarrúas estreitísimas, agora é un espazo xa recuperado para as persoas e co proxecto de humanización se converterá nun gran espazo de calidade”.

Trinidad López, enxeñeira redactora dos proxectos, explicou que se prevé renovar as canalizacións soterradas de servizos como saneamento, abastecemento de auga, electricidade ou telecomunicacións. O pavimento que se colocará é de pedra, concretamente granito gris Mondariz, empregando lousas de diferentes dimensións, acabados e tonalidades. Ademais, o espazo contará con nova iluminación, disporá de arborado con especies caducifolias e contará con bancos de madeira e pedra ademais de dúas fontes de grandes dimensións que ao mesmo tempo serán utilizábeis como bancos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00