A gandeiría, o prato forte da parroquia de San Román
Adentrámonos na parroquia de San Román - Santa Cristina, composta por 85 veciños repartidos en 37 casas

1x02 Barrios e Parroquias na SER | San Román - Santa Cristina
16:47
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
Envoltos na nosa viaxe polos barrios e parroquias do concello de Lugo atopamos un pequeno conxunto de casas, agochadas tras as granxas de vaca leiteira que serven de sustento para os seus veciños. Estamos ante a parroquia de San Román, tamén coñecida como Santa Cristina. Trátase neste caso dunha das máis pequeñas do concello, con cinco núcleos de poboación: Allariz, Illar de Amigo, San Román, Tedín e O Val.
En total esta parroquia está composta por 85 veciños, repartidos en 37 casas ainda que hai varias familias que viven fora e veñen nas súas vacacións.
Más información
A gandeiría é o principal sustento desta vecindade, oficio que desempeñan con total solvencia pese ao illamento do seu terreo. Na nosa visita acompañados polo concelleiro de medioambiente, Miguel Fernández, os veciños queixanse maiormente de duas pragas doutros animais, concretamente os corzos, que abundan sobremaneira, e os corvos, dos que calculan que se refuxian nos seus montes e prados, concretamente nos cables da rede eléctrica, preto de 500 exemplares.
Ao pé do local social de San Román quedamos a falar con Ramón Arias Fernández, presidente da asociación de vecinos; José Manuel Ares Buján, pedáneo, e os vecinos Jesús Grandío Varela e Manuel Regueiro Ares.
Falta de conexión
Se seguen o noso espazo #BarriosEParroquiasNaSER decataránse de que o denominador común destas charlas é que existe un problema coas conexións.
As telecomunicacións son, a día de hoxe, un piar fundamental no mundo laboral e social(ocio online).
As parroquias pertencentes ao concello de Lugo non se atopan realmente lonxe do núcleo urbano. Sen embargo é doado quedar sen cobertura tan só afastandose oito kilómetros da cidade.
Ademáis da falta de cobertura aérea, os veciños tamén denuncian a falta de instalación de fibra óptica nas súas vivendas. Este reclamación fanlla chegar persoalmente ao noso acompañante, o concelleiro de Medio Rural Miguel Fernández.
Más información
O socialista explica que a instalación da fibra non é competencia do goberno local, aínda que pola súa parte colaboran para acelerar o proceso de implementación deste servizo en prol dos veciños que habitan o noso rural.
Ben é certo que cando falamos de 'España despoblada' o que máis se bota en falta nas aldeas é a presenza da xuventude, algo que sen dúbida, e na opinión dos veciños, melloraría cunha boa conexión a internet.