Caballero trata co embaixador de España ante a Unesco o traballo do Concello de Vigo a prol da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade
O rexedor criticou a "proposta mentireira e falsa" realizada pola Xunta
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/HS4RP2TZQVBYVOKT6HKQIICSIE.jpeg?auth=85daf8b4cfd7dee61a4b2fed152693d93853c08d7d1c0dd8d1ff243573d64541&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/HS4RP2TZQVBYVOKT6HKQIICSIE.jpeg?auth=85daf8b4cfd7dee61a4b2fed152693d93853c08d7d1c0dd8d1ff243573d64541)
Este mércores, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse co embaixador de España ante a Unesco, José Manuel Rodrígeuz Uribes. Na rolda de prensa matinal, o alcalde tratou o tema da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, explicando que lle entregou “formalmente o resumo de todo aquilo que xa realizamos no ámbito de Cíes, para a súa valoración medioambiental e polo seu recoñecemento social” a Uribes. Abel Caballero quixo resaltar “que a candidatura das Illas Cíes é un proxecto gañador”, sobre a que “haberá novidades pronto”.
O alcalde tamén quixo agradecerlle a Uribes, o papel que xogou o exministro de Cultura, co seu “apoio total para que o Goberno de España se fixera cargo da Biblioteca do Estado en Vigo” que terá “unha inversión próxima os 20 millóns de euros” na cidade.
00:00
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles