La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Cultura

Actividade con contacontos musical e visual do libro 'Morgan Gardaxoguetes' na Biblioteca Municipal de Nigrán este sábado

A súa autora, María de Ferreiro e as súas colaboradoras estarán presentes no evento

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 17 de decembro ás 18:30 na Biblioteca Municipal o contacontos visual e musical 'Morgan. Gardaxoguetes' coa presenza da súa autora, María de Ferreiro, e dúas colaboradoras, Adela Rial e Sonia Vilar.

O libro "Morgan Gardaxoguetes" está dirixido a tódalas persoas con cativada na casa que aínda cre na maxia. É un instrumento eficaz para axudar a quen lles custa ordenar os xoguetes. O libro presenta a primeira aventura de Morgan Land Star, a primeira Gardaxoguetes do mundo, unha fada que ensina ás crianzas a recoller despois de xogar, senon pola noite, ela vainos a levar. A esta fada máxica gústalle presentar o seu libro compañada de música e cancións que fan a delicia de todo o público, grandes e peques. 

Ao remate da presentación, a autora María de Ferreiro adoita firmar exemplares do libro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00