Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Ocio y cultura

A Agrupación Musical, protagonista en O Rosal esta fin de semana

O auditorio municipal acollerá o tradicional Festival de Nadal o sábado e o espectáculo musical ‘Unha noite de amor con Lela’ o domingo

Cartel del Concierto de Nadal de la Agrupación Musical do Rosal

Cartel del Concierto de Nadal de la Agrupación Musical do Rosal

O Rosal

A nota de cor ao nadal de O Rosal a porá esta fin de semana a Agrupación Musical do Rosal con dúas actuacións. O sábado 17 de decembro o escenario do auditorio municipal acollerá o tradicional Festival de Nadal, un completo e variado concerto no que participarán os distintos grupos da banda, dende os máis cativos ata os non tan pequenos: a Banda Infantil, a Minibanda, Amdoriñ@s, Novo Orballo, o Coro Infantil, a Coral e Lirolai. Será ás 18.00 horas, para todos os públicos e con entrada libre ata completar aforo.

Nesta ocasión, o cartel do concerto conta cunha imaxe moi especial, xa que está creado a partir do debuxo gañador do VII Concurso Infantil de Carteis de Nadal, realizado por Paula Alonso Domínguez, de 8 anos. O xurado do certame outorgou o segundo premio a Andrés Álvarez González, de 7 anos, e tres accésits a Inés Verde Treinta (8 anos), Vega Sainz Rodríguez (7 anos) e Julia Flores Vicente (10 anos).

A música continuará o domingo 18 co espectáculo ‘Unha noite de amor con Lela’, dirixido por Javier Alonso e que reunirá sobre o escenario a Alfredo Susavila ao piano, Silva Ferre á voz, Ana Silva como narradora e con Pachi Cruz ao contrabaixo. A actuación será ás 18.30 horas e as entradas están xa á venda nas oficinas do auditorio. O prezo da entrada será de 1 euro para persoas socias e 3 euros non socias. A alcaldesa, Ánxela Fernández, convida a todos os rosaleiros “a gozar dunha fin de semana única escoitando música de calidade feita con moito agarimo por grandes músicos e músicas actuais e de futuro”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00