Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
Humanización

A Deputación adxudica por 411.312 euros a mellora da mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros

Os traballos desenvolveranse no primeiro tramo da estrada, no Concello de Mos, onde se habilitará unha senda peonil na maior parte dos case 600 metros de actuación

Foto de cando se presentou o proxecto. (Arquivo)

Foto de cando se presentou o proxecto. (Arquivo)

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar as obras de mellora da seguridade viaria e peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros, no Concello de Mos, por un orzamento de 411.312 euros e ao abeiro do modelo de mobilidade amable e sostible da institución provincial, “que permite gañar espazo para as persoas”, como destacou a presidenta Carmela Silva . Os traballos serán financiados ao 100% pola Deputación, xa que o 30% que lle correspondía aportar ao Concello no convenio asinado entre ambas administracións para estas obras financiarase a través dunha achega do Plan Concellos 2022-2023.

As obras, cun prazo de execución de seis meses, desenvolveranse nun treito de 580 metros do primeiro tramo da EP-2601 Mos-Puxeiros, na parroquia de Santa Eulalia, concretamente dende o p.q. 0+020 ata o p.q. 0+600. Por esta zona transcorre o Camiño de Santiago polo que ten unha forte presión peonil, que se ve incrementada co acceso ao paseo fluvial e ao parque infantil, á igrexa de Santa Eulalia, á entrada ao albergue para as persoas peregrinas e ao aparcamento e parque do Pazo de Mos. As obras reforzarán a prioridade de paso para as e os viandantes coa execución dunha senda de 2,5 metros de ancho mínimo, desde a intersección do Camiño de Santiago e na maior parte da estrada.

A sección da calzada estará constituída por dous carrís cun ancho mínimo de 3 metros e beiravía na marxe esquerda, e as obras contemplan a ordenación dos espazos e a renovación do pavimento. Colocaranse tres pasos de peóns sobreelevados e instalarase mobiliario como bancos e varanda e renovarase a iluminación mediante o soterrado da liña e da instalación de novos puntos de luz con LED. Por último, renovarase a recollida de pluviais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00