Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
Balaidos

Iniciada a colocación da cuberta da grada de Marcador de Balaidos

O alcalde, Abel Caballero, asegura que a grada estará rematada para o encontro que se disputará o 12 de marzo.

A estrutura da cuberta da grada de Marcador do estado de Balaidos entra nunha nova fase. Como explicou Abel Caballero, serán sete partes que fan “un total de 260 toneladas e 6.800 metros cadrados” de estrutura.

Nesta nova etapa, elevarase un tramo próximo a grada de Tribuna, “que pesa 42 toneladas e ten 1.000 metros cadrados, composto por 518 barras e 220 esferas”, coa dificultade de “elevalo uns 30 metros dende cota cero”. Unha vez instalada toda a estrutura, levarase a cabo a cubrición que empatará Marcador coas gradas de Tribuna e Río.

O rexidor vigués asegura que esta grada estará rematada para o encorto que se disputará o 12 de marzo, durante a xornada 25 de Liga onde o Celta enfrontarase ao Rayo Vallecano.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00