Xornada informativa sobre dereitos básicos das persoas consumidoras en servizos financeiros o 17 de novembro na Guarda
O Concello da Guarda acolle o vindeiro xoves día 17 de novembro unha Xornada informativa organizada pola Escola Galega de Consumo sobre dereitos básicos das persoas consumidoras en servizos financeiros, que terá lugar ás 17:00h no Salón de Plenos.

Vázquez Abeal, Sol María

Vigo
O obxectivo da charla é achegar á poboación galega información e asesoramento sobre os dereitos básicos que temos en materia bancaria e financeira, para o cal se veñen desenvolvendo talleres gratuítos sobre estas temáticas nas catro provincias galegas.
Como persoas consumidoras de produtos bancarios enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas, como poden ser os créditos ao consumo ou as tarxetas revolving. De aí que, unha educación financeira plenamente accesible ao conxunto da sociedade reduce os riscos de exclusión e alenta ás persoas consumidoras a planificar, contribuíndo tamén desta maneira a dar a coñecer a conta de pago básica e a evitar o sobreendebedamento.