La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este domingo o concerto do grupo de saxofóns malloquín "Lítore Quartet"

Entre o seu repertorio estarán pezas de Eduardo Soutullo ou Eugene Bozza, destacando a estrea absoluta en Galicia dun tema da compositora extremeña María José Fontán

Vigo

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 12 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do grupo de saxofóns mallorquín "Litore Quartet". Este se encadra no ciclo de "Novos Intérpretes". A entrada é de balde ata completarse o aforo. O cuarteto tocará pezas de Eduardo Soutullo, Jerónimo Gordillo, Fernande Decrcuck, A.Desenclos, Eugene Bozza e, con especial atención a estrea absoluta en Galicia dunha peza da compositora extremeña María José Fontán.

Lítore Quartet céntrase no estudo e a difusión do repertorio para cuarteto de saxofóns. O seu afán principal é apoiar as obras de compositores actuais, así como seguir ampliando o repertorio para a formación. Entre os seus galardóns destaca o terceiro premio no concurso King’s Peak International Music Competition (EEUU, 2021), o primeiro premio no Concurso de Música de Cámara Ciudad de Ávila (Ávila, 2021), o primeiro premio no XXIV Pòdiums de Música de Cambra (Sant Joan de Vilatorrada, 2021), o segundo premio e o premio á mellor interpretación de música de compositor español no Certame Internacional para Novos Intérpretes Pedro Bote (Villafranca de los Barros, 2021), o primeiro premio no Concurso de Música de Cámara do CSMIB (Palma, 2022), o Premio Rookie Chamber Music (Madrid, 2022), o primeiro premio no Certame per a Joves Intèrprets Art Jove 2022 (Mallorca, 2022) ou o primeiro premio no Concurso Internacional de Música de Cámara de Arnuero (Arnuero, 2022).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00