La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Nigrán

O concello de Nigrán abre o prazo de inscripción para un curso de defensa persoal destinado a mulleres

Desenvolverase os días 21 e 28 de novembro no Pavillón deportivo de 9:30 h. a 13:30 horas

Vigo

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) organiza un curso de defensa persoal destinado a mulleres no marco as diferentes accións pola conmemoración do 25 de novembro, do Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres. O curso desenvolverase os días 21 e 28 de novembro no Pavillón deportivo de 9:30 h. a 13:30 horas. Terán preferencia as mulleres empadronadas no Concello de Nigrán.

O período de inscrición comezará o día 7 de novembro e rematará o día 15 de novembro. As mulleres interesadas deberán inscribirse no Centro de Información ás Mulleres no teléfono: 986 383930 ou no correo: cim@nigran.org . O curso está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00