La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Nigrán

O Concello conceta con 'Nigranbús' as parroquias do interior cos núcleos de Nigrán, A Ramallosa e Panxón

Trátase da única liña municipal de Galicia xunto a Mos e Teo e nace da man do Concello de Nigrán para zanxar definitivamente a desconexión histórica do transporte público coas parroquias do interior

Casa consistorial de Nigrán. / Google Maps

Casa consistorial de Nigrán.

Vigo

Fin á desconexión histórica do transporte público de Nigrán coas parroquias do interior. Un autobús municipal as conecta desde hoxe, sendo xunto a Teo (A Coruña) e Mos (Pontevedra) a única localidade en Galicia en contar con este servizo intramunicipal (descontando as grandes cidades). Así, o Concello de Nigrán puxo en marcha esta mañá o 'Nigranbus', que comunica o interior cos núcleos urbanos de Panxón, A Ramallosa, Nigrán e Porto do Molle. Cumpre así unha demanda ancestral da veciñanza do interior.

"É unha nova crucial para Nigrán. Inauguramos un servizo municipal de carácter social que transformará a vida de moitas persoas do interior, especialmente os maiores, que a día de hoxe dependen 100% do transporte privado para calquera asunto", explicaba o alcalde, Juan González, antes de subir esta mañá ao 'Nigranbus' no Centro Antena (Otero Pedrayo).

"O novo contrato para a concesión do transporte metropolitano non solventou en Nigrán a demanda atávica do rural pese a que así o reclamamos, por iso desde o goberno local traballamos a destallo para acadar este servizo", incide Diego García, edil de Mobilidade responsable da súa xestión e quen reclamará á Xunta que a lanzadeira Chandebrito-Panxón remate en Priegue, "ten moito máis sentido agora que funciona o Nigranbus", avanza.

O servizo consta dunha liña Chandebrito-Panxón e viceversa que permite ao cidadáns de calquera parroquia do interior achegarse en máximo 45 minutos aos centros de saúde ou conectarse co autobús cara a Vigo-Baiona, con especial atención ao horario de enlace coa liña ao Hospital Álvaro Cunqueiro, Povisa e Universidade (todas estas posibilidades ata agora non existían, dependían de transporte privado ou taxi). Está operativo de luns a venres e as saídas desde Chandebrito son ás 7:45, 14:00, 16:15 e as de Panxón (Centro Antena) ás 10:30, 15:15 e 20:40. Polo camiño percorre, ao longo de 32 paradas: Panxón, Nigrán, Mallón, Ramallosa, A Xunqueira, Vilariño, Porto do Molle, A Carrasca, Parada, Camos e Chandebrito (ou á inversa, toda a información está pendurada na web www.nigran.es e nas respectivas paradas). "Deseñouse de xeito que, por exemplo, unha persoa chegue a tempo ao centro de saúde a facer unha analítica ou consulta médica e poida regresar a continuación para casa e tamén para conectar coa liña á Universidade ou Hoispital Álvaro Cunqueiro, tendo en conta ademais que abre á porta ao trasbordo para ir a Vigo ou Baiona", incide García. "Transformará radicalmente para ben a vida da nosa veciñanza do rural, que poderá ao fin servirse do transporte público colectivo para facer recados, xestións ou ocio como pode ser ir á praia no verán", explica . O obxectivo do Concello e manter uns meses estas paradas pero, en función da demanda e a experiencia, despois podería adaptarse.

Este fito histórico é posible tras conseguir o goberno local que a liña fose incluída como 'Servizo de Interese Municipal' (SIMU) dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia. Isto significa que se fai cargo a actual concesionaria Lugove a cambio de que o Concello achegue un cánon anual de 80.000 € máximo á Xunta. O convenio é flexible, puidendo modificarse, ampliarse e adaptarse ás necesidades concretas que se detecten. Esta fórmula permitirá, a súa vez, que os viaxeiros se beneficien da Tarxeta de Transporte Metropolitano, é dicir, serán gratis os transbordos e todo para menores de 21 anos ou haberá as mesmas bonificacións a estudantes, xubilados ou desempregados (sen estes descontos sería 1,55 €). Compre subliñar que, a maiores, o Concello de Nigrán destina 50.967 € cada ano para bonificar o transporte metropolitano na área de Vigo aos seus veciños.

O vehículo provisional é de 22 prazas e a gasolinta, pero tal e como solicitou o Concello, o definitivo será unha Mercedes Sprinter carrozada etiqueta 'Eco' co fin de aforrar emisións e tamén de 22 prazas máis unha adaptada. "Lugove xa a mercou pero tardará meses en chegar polo problema actual de retrasos no mercado automobilístico", engade García.

"Creo que non me equivoco se digo que esta é unha nova histórica para a veciñanza de Nigrán porque ao fin podemos desde o Concello ofrecer unha solución ao problema secular de mobilidade no rural apostando polo transporte público colectivo, o que redundará nun beneficio non só social, se non tamén medioambiental", sintetiza o alcalde.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00