La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Nigrán

O Concello de Nigrán realizará unha ofrenda floral este sábado no "Xardín da Memoria" de Panxón polo 85 aniversario de "A volta dos 9"

O acto, aberto á participación da veciñanza e coa presenza dos familiares dos represariados, forma parte esencial da programación polo "39, Mes da Memoria Histórica" do Concello de Nigrán

Casa consistorial de Nigrán. / Google Maps

Casa consistorial de Nigrán.

Vigo

O Concello de Nigrán conmemorará un ano máis este sábado 15 de outubro o 85 aniversario dos tráxicos asasinatos coñecidos como "39, A volta dos nove". Así, nun acto aberto aberta á participación da veciñanza e coa presenza de familiares dos represariados, o alcalde de Nigrán realizará unha ofrenda floral ante o seu monumento no "Xardín da Memoria" de Panxón,¡ espazo inaugurado no 2016 e que consta dunha escultura en pedra con 9 cruces referidas aos nove asasinados e tamén sendas placas que os recorda a eles, as súas mulleres, e a Dolores Samuelle, asasinada por axudar aos "39;Ineses".

O Concello de Nigrán celebra cada ano desde 2015 o Mes da Memoria Histórica facéndoo coincidir precisamente coa coñecida como ‘Volta dos Nove". O suceso tivo lugar o 15 de outubro de 1936, cando se executaron a nove veciños do Val Miñor (cinco deles de Panxón) como vinganza e represión dos falanxistas polo suceso do día anterior en Sabarís, cando no asalto das forzas nacionais á casa dos irmáns republicanos “Os Ineses” morreron estes, a súa asistenta Dolores Samuelle e tamén un dos falanxistas. Horas despois os partidarios do golpe de estado colleron a nove veciños do Val Miñor detidos na prisión do Frontón, en Vigo, e como vinganza, os fusilaron na curva de A Bombardeira, en Baiona. Durante máis de 40 anos nove cruces apareceron pintadas nese punto como recordo dos falecidos e, aínda que as borraban e buscaron con esmero aos autores, estas sempre volveron a ser debuxadas.

Hoxe o lugar é un espazo para a memoria e as cruces se manteñen, agora impresas, como recordo de todo aquelo que sucedeu.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00