La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Economía y negocios | Actualidad
Mos

Mos celebra unha reunión sindical sobre o orzamento 2023 que se atopa en proceso de elaboración por parte do goberno local

A partida orzamentaria dedicada a persoal incrementarase nun 3,5% polo acordo estatal entre Goberno Central e sindicatos nas retribucións dos empregados das Administracións Públicas

Vigo

O motivo da xuntanza foi tratar cos representantes sindicais do Concello a partida de persoal no orzamento municipal para o próximo ano, que se incrementará nun 3,5% polo acordo estatal entre Goberno Central e sindicatos nas retribucións dos empregados das Administracións Públicas. Ademais, esta subida salarial aumentará nun 9% a dotación económica destinada ao capítulo de persoal do orzamento municipal de aquí ao ano 2024.

A rexedora local mosense declarou sobre a xuntanza que durante a mesma quedou patente “a extraordinaria relación entre goberno, traballadores e sindicatos” e explicou que durante a mesma “tamén recollemos diversas peticións dos representantes sindicais tales como a revisión do plan de pensións e a creación dun fondo social. Informamos, así mesmo, sobre os avances na oferta extraordinaria de estabilización do emprego público”. Oferta que permitirá a funcionarización de ata 31 traballadores municipais, actualmente en réxime de persoal laboral e interino, e sobre a que na reunión desta mañá se informou de que este mes serán publicadas as bases xerais e o proceso levarase a cabo durante o período 2023-2024.

Os representantes sindicais abordaron tamén unha posible modificación da RPT (Relación de Postos de Traballo) pero, dado que o documento é aínda xoven, pois a última modificación foi aprobada en 2019, a devandita nova modificación non se abordará ata o ano que vén, coa nova Corporación Municipal e iniciada a vindeira lexislatura, tal e como informaron as representantes municipais, Arévalo e Loureiro.

Orzamento 2023

Sobre o orzamento municipal para o vindeiro ano a alcaldesa mosense declarou que “levamos xa case un mes traballando nel e nas vindeiras semanas entregarémosllo á oposición para levalo a aprobación no Pleno do presente mes de novembro. Unha vez máis aprobarémolo en tempo e forma, antes do inicio do novo exercizo”.

“Será un orzamento de 12 millóns de euros sen cambios drásticos respecto ao anterior. Destaca como durante os últimos anos, a partida destinada a Política Social, que é a máis elevada de todo o orzamento. Para min a partida de Política Social é a máis importante do orzamento. Tamén haberá un incremento do gasto en servizos, como por exemplo o de recollida de lixo, cuxo importe anual elévase a case o dobre, pasando de 525.149,94 euros (sen IVE) aos 1.024.847,34 euros (sen IVE)” concluíu Nidia Arévalo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00