Ocio y cultura
Cans

Cinemaldea regresa en novembro para levar as curtas do festival de Cans ás aldeas do rural

A idea, promovida polo Festival de Cans e o Concello do Porriño levará unha selección de curtas premiadas ás aldeas do municipio.

Vigo

O Festival de Cans e o Concello do Porriño promoven este ano unha nova edición de Cinemaldea, unha iniciativa que achegará ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última edición.

É o segundo ano consecutivo que se pon en marcha esta idea que busca achegar o cine e as novas e novos creadores ás parroquias rurais que habitualmente non teñen acceso ó cinema. O pasado ano celebrouse por vez primeira e, malia estar aínda baixo as restriccións da pandemia, máis de 200 persoas asistiron ás proxecións físicas nas diversas aldeas.

Dado o éxito da convocatoria do pasado ano, o Concello do Porriño convidou de novo a todas as asociacións que o desexasen, a formar parte da segunda edición de Cinemaldea. En total sete foron as asociacións culturais e veciñais do Concello do Porriño que se sumaron, e as proxecións arrancarán esta fin de semana e continuarán todas as fins de semana do mes de novembro.

Este sábado 5 de novembro, ás 20,00 horas, terá lugar a primeira das proxecións no Centro Cultural As Mimosas de Carracido e o domingo ás 18,00 horas no Centro Cultural San Xurxo de Mosende. As seguintes datas serán en Chenlo, o domingo 13 de novembro, na Asociación Casa-Chan de Budiño o venres 18 de novembro e en Cans, o domingo 20 de novembro. As duas últimas que pecharán o mes e o ciclo, serán na Asociación Os Penediños de Atios o sábado 26 de novembro e na Forna de Budiño o 27 de novembro. Todas as proxecións serán de acceso gratuito, ata completar o aforo de cada recinto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00