Novo paso na transformación do centro urbán do Rosal
O Concello adxudica as obras para a mellora da contorna da Praza do Calvario que durarán tres meses
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/IQJQNVRF3ZAYBLVI3SAYP6NYEQ.jpg?auth=c05fda321a4d306f56e30686904bdeb81149ad8f1ddbb8adc21eb693814ed98e&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Inauguración de la Plaza do Calvario en O Rosal tras su reforma.
![Inauguración de la Plaza do Calvario en O Rosal tras su reforma.](https://cadenaser.com/resizer/v2/IQJQNVRF3ZAYBLVI3SAYP6NYEQ.jpg?auth=c05fda321a4d306f56e30686904bdeb81149ad8f1ddbb8adc21eb693814ed98e)
O Rosal
Despois de rematar a reforma da Praza do Calvario, o Concello do Rosal aposta agora por modificar o entorno do seu núcleo urbano. O obxectivo destas obras, xa adxudicadas, será mellorar o pavimento e a accesibilidade peonil na contorna, continuar coa recuperación de espazos amables para as persoas e dispoñer de aparcamentos máis eficientes “incorporando os criterios de calidade urbana, accesibilidade, seguranza e melloras ambientais que xa se aplicaron na transformación da propia Praza do Calvario”, sinala a alcaldesa Ánxela Fernández.
Estes traballos, que teñen un prazo de execución de tres meses, implicarán actuacións na contorna do pavillón, nas rúas Manuel Suárez Marquier e Cabaqueiros e o tramo da rúa Simón do Mazo, que conecta ambas as dúas rúas ata a Travesía Simón do Mazo, así como obras na rúa Nova do Couso dende o seu cruce coa Travesía do Couso ata a rúa do Couso, incluíndo o seu tramo entre as rúas Pascuala e Jesús Noya.
Cun orzamento de case 170.000 euros, con estas obras procederase á recuperación do pavimento e das marcas viarias, así como a unha formalización do espazo peonil, incorporando bandas de estacionamento acompañadas por espazos verdes con arboreda que lle dará calidade espacial á zona e achegarán as súas tradicionais funcións de sombra e captación de carbono. Ademais, incorporaranse nos pasos de peóns plataformas que permitan a incorporación dun vado para mellorar a accesibilidade ás beirarrúas.
Cumio Ibérico
De cara o Cumio Ibérico deste venres en Viana do Castelo, a rexidora do Rosal explicou en Hoy por Hoy Baixo Miño que confía en que se debatan tres puntos fundamentais: asegurar que os fondos europeos transfronteirizos se queden no territorio, a posta en marcha dun tren de proximidade e promover o coidado medioambiental do río Miño.
Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal, sobre los temas que se deberían tratar en la Cumbre Ibérica
02:05
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles