O Concello de Nigrán recibe este domingo á Coral Catalana "Pedres Blanques"
A coral anfitriona, Novos Aires de Nigrán, actuará en primeiro lugar

Casa consistorial de Nigrán. / Google Maps

Vigo
O Concello de Nigrán ofrece este domingo ás 18:00 horas no Auditorio Municipal o recital da coral 'Pedres Blanques', de Sant Boi de Llobregat (Barcelona). A coral anfitriona, Novos Aires de Nigrán, actuará en primeiro lugar e interpretará 4 temas, mentras que a coral invitada dará un concerto máis extenso, no que incluirán temas como "Lloron", "Laura", "Maruxiña" ou "Dame un Bico". A entrada é de balde ata completarse o aforo.