O Parador de Turismo de Muxía, motor social e económico da Costa da Morte
Nun acto ateigado de autoridades, a instalación foi inaugurada de xeito oficial logo dun investimento de 30 millóns

Inauguración oficial del Parador de Muxía

A Costa da Morte é diferente. O xeito de transcorrer o tempo semella ser distinto tamén neste recuncho da península. O Parador de Turismo da Costa da Morte abriu as súas portas en xuño de 2020 pero cunha pandemia de por medio, houbo que agardar a outubro de 2022 para asistir á súa inauguración oficial. Un acto simbólico e entrañable logo do paso de centos de turistas polas súas habitacións. Pero nada debe extrañar se, a piques de chegar ao vixésimo aniversario da traxedia do Prestige, lembramos que a promesa para a súa construción naceu en 2003, as obras comenzaron en 2011 e diversos retrasos levaron a data da apertura real a 2020. O Parador fora, xunto coa Autovía da Costa da Morte, a principal promesa para compensar a unha comarca logo da catásfrote producida polo petroleiro. O Parador luce maxestuoso en Lourido, mentres que a Autovía correu peor sorte: executada nunha metade, a outra parte quedou durmida nalgún caixón da administración autonómica.
Para a posta de longo do que xa é un símbolo da bisbarra déronse cita na Vila da Barca dende os alcaldes costeiros ata o Delegado do Goberno, José Manuel Miñones, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso ou a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Todos eles encabezados por unha Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, que calificou o que se estaba a vivir en Muxía como "un sueño". A máxima responsable de Turismo do Goberno de España quixo lembrar o feito de que incluso dentro dunha catástrofe como a do Prestige "se abren oportunidades" e así, contrapuxo o dano medioambiental sufrido naquela ocasión co "símbolo de sostenibilidad y de integración en la naturaleza" que supón o Parador. Un centro hoteleiro de máximo nivel que ademais supón un motor "económico y social y una oportunidad de empleo y desarrollo para que en todo el mundo conozcan la Costa da Morte por el desarrollo turístico que va a propiciar". Maroto aproveitou o acto para anunciar unha inversión de 23 millóns en seis instalación da rede de Paradores como os de Santiago de Compostela, Monforte de Lemos ou Baiona.
No acto tamén tomou a palabra Pedro Saura, director Paradores. Comenzou a súa intervención agradecendo o traballo de toda a xente que fixo realidade a obra. Mostrou o seu desexo de que os máis dun millón de "amigos de Paradores" vaian pasando polo que considerou "xoia da coroa" ao ser un dos establecementos que mellor representa os valores da rede hoteleira: "sostenibilidad e integración en el medio ambiente". Saura subliñou tamén o valor que aporta poñer en valor tanto a gastronomía do entorno como as obras fotográficas e pictóricas que se poden desfrutar nos corredores da edificación.
O anfitrión do acto, o alcalde de Muxía Iago Toba, amosouse agradecido "en nome dos veciños e veciñas da vila". O rexedor sinalou ao Parador como responsable do "cambio na vida social e económica" do terriorio, cunha irrupción que "dinamizou toda unha comarca" considerando "totalmente xustificada" a inversión de 30 millóns de euros na súa construción.