Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Manu Barreiro: "Non estamos sabendo estar á altura"

O compostelán pídelle aos seus compañeiros que dean un "paso cara a diante" e asuman responsbailidades" porque o fácil é botar as culpas ao adestrador"

Manu Barreiro en SER Deportivos Lugo

Manu Barreiro en SER Deportivos Lugo

00:00:0007:52
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

Manu Barreiro é moi claro. O CD Lugo ten problema que ha de atallar de raíz. Son xa oito xornadas sen coñecer a vitoria, o que fai que leven durmindo en descenso xa dende hai dúas xornadas. O capitán do CD Lugo quita ferro a situación "porque hai tempo", pero advirte que "hai que cambiar a dinámica xa para cortar a mala xeira":

O rival para facelo non semella ser o idóneo. O Burgos está a ser un dos conxuntos revelación da campaña 22/23, non saben o que é perder e meterlles un gol parece unha utopía. Dúas situación completamente dispares. A invatibilidade fronte a derrota. Pero se algo teñen os lucenses é costume de medrarse ante as adversidades.

"Cando non se conseguen resultados creo que é evidente que hai erros", subliña Barreiro. O capitán dos albivermellos foi moi crítico no remate do partido ante o Málaga, e, pese a pasar os días, semella que non cambia de opinión: "Debemos der ser criticos todos con nós mesmos, o fácil é botar as culpas o adestrador, pero a realidade é que temos que dar todos un paso adiante".

O vestirario albivermello non pasa polas súas horas máis altas e o de Santiago é moi claro: "Non estamos sabendo estar á altura. Temos que darlle un par de voltas de torca a situación". Malia a crudeza das súas declaracións o dianteiro pide tamén tranquilidade e paciencia. As presas non son boas compañeiras, e menos para rompe unha mala xeira de resultados.

Malia o ruído xerado en redes sociais en canto a unha posible venda do club ou a hispotética discusión entre Saqués e o míster, trala derrota por terra malagueñas, Barreiro asegura que pola rúa so sinte "cariño, apoio e mensaxes de ánimo" dos afeccionados cos que se cruza.

Coa axuda de Carlos Pita, Barreiro está a saber, di, xestionar ben o vestirario "ao final Carlos sempre está aí con nós e a súa figura axuda moito". "Estamos adoitados a pelexar en situacións coma a que estamos a atravesar e sacarémolo adiante".

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir