Correlingua, un ano máis para reivindicar o uso do galego
Media ducia de centros participan na iniciativa co lema Fálame

Correlingüa 2019 / La Opinión de A Coruña

A Coruña
Unha nova edición de Correlingua chega á cidade da Coruña. Coa reivindicación, como sempre, do uso do idioma galego e a participación de escolares. Este mediodía actuou,no Centro Ágora,a Mekánica Rolling Band, a presentación correu a cargo da actriz Isabel Risco e a organización da Mesa pola normalización lingüística e a Asociación Sociopedagóxica Galega.
Baixo o lema Fálame!, na andaina participaron unha vintena de centros educativos galegos. Na provincia da Coruña sumáronse alumnos dos Colexios Alborada, Torre de Hércules, Emilia Pardo Bazán e Zalaeta e dos Institutos Urbano Lugrís da Coruña e David Buján de Cambre.