O Concello concede un prazo imporrogable á propiedade do inmoble da da rúa do Miño para que presente un proxecto de recuperación
De non facelo a institución local interviría de forma subsidiaria

Se cae el tejado de un edificio de la calle do Miño, en Lugo

Lugo
O Concello de Lugo vén de conceder un prazo improrrogable á propiedade do inmobleda rúa do Miño que onte sufriu unha derruba parcial do seu tellado para que presente o proxecto de recuperación do edificio, antes de que a Administración interveña de forma subsidiaria.
O persoal técnico da área de Sostibilidade Urbana acordaba esta mañá a urxencia damedida, logo de que na inspección realizada onte a arquitecta municipal observase queo interior e a cuberta do edificio se atopan comprometidas na situación actual, aíndaque nin a fachada nin as casas lindeiras corren perigo. O voceiro do Executivo local, Miguel Fernández, lembrou hoxe que o departamento de Xestión Urbanística "mantén aberto un expediente contra o titular da edificación ao quese lle trasladaron varios requirimentos para que procedese á corrección das deficiencias detectadas durante a inspección realizada polo persoal municipal" ao mesmo no pasado mes de febreiro.
Fernández recalcou que seguindo o procedemento legal establecido, a Administración Local impúxolle xa unha multa coercitiva por importe de 1.000 euros trala cal o dono adoptou unha serie de medidas cautelares que resultaron insuficientes, de maneira que debe actuar cunha obra de maior envergadura que garanta tanto o mantemento da vivenda en condicións axeitadas como a seguridade cidadá.
Miguel Fernández incidiu en que a labor de conservación corresponde ás persoas titulares dos inmobles e que, de non cumplirse, implica a intervención institucional ao tempo que lembrou tamén que a duración destes procedementos garda unha estreita relación coa actitude colaborativa que amosen ao respecto e que, nalgúns casos, conleva ter que esgotar todas as vías administrativas e chegar á xudicial, como o Concello se viu obrigado a recorrer, por exemplo, no caso do inmoble número 48 da Rolda daMuralla, para poder intervir de forma subsidiaria.Xa con relación á edificación da rúa do Moucho.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo