As Festas do Pilar chean de actividades O Rosal
Exposicións, concertos e a feira de produtos son algunhas das propostas para desfrutar desta festividade
O Rosal
Tralo éxito da Feira do Viño do Rosal, a localidade continúa este mes de outubro cunha programación festiva. Nesta ocasión é a quenda da tradicional Festa de Outono, que chegará ao concello os días 11 e 12 de cunha morea de actividades para todos os públicos.
A programación das tamén coñecidas como Festas do Pilar comeza este martes coa inauguración de dúas exposicións: os resultados do obradoiro de pintura de Águeda Suárez e do taller de restauración da Sociedade Recreativa de San Miguel. Xa contra a tardiña será a quenda de dúas actuacións musicais: ás 19.30 horas pódese disfrutar de Cantos de Taberna e o concerto de Brassica na Praza do Calvario.
En paralelo celebranse as dúas primeiras citas das II Xornadas de Patrimonio: hoxe ás 20.00h o Centro Social acollerá a charla “Cerámica para vivir e vivir da cerámica” a cargo da ceramista Susana González Amado. E mañá a partires das 18.00 horas na Praza do Calvario terá lugar unha demostración cabaqueira de fabricación de tellas tralo pregón a cargo da propia González Amado.
A Festa de Outono rematará o mércores cunha morea de propostas. Ás 11.00h terá lugar a inauguración da I Feira de Produtos do Rosal, un espazo de encontro e tamén de exposición, degustación e venda. A partir dás 17.00 horas e momento dos máis pequenos, que poderán desfrutar do espectáculo de monicreques “O conto de Barriga Verde”.
O programa rematará co Memorial Irmáns Flores. Un encontro de murgas populares que interpretará, dende ás 19:30 horas, as creacións musicais de José e Emilio Flores Costas, dúas persoas que interviñeron moi activamente na formación persoal e musical de moitos veciños. Será unha actuación na honra de dous rosaleiros que cunha soa gaita foron quen de ensinar e divertir a todo un pobo.