A Filmoteca de Galicia proxectará unha retrospectiva sobre o legado cinematrográfico de María Casares
No Ano Internacional María Casares a entidade súmase aos actos en homenaxe á figura desta gran actriz coruñesa
María Casares no cine, falamos con José Manuel Sande (05/10/2022)
10:24
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
'Les enfants du paradis' de Marcel Carné, 'Orphée' de Hean Cocteau ou 'Les dames du bois de Boulogne' de Robert Bresson son algúns dos grandes papeis de María Casares no cinema.
A actriz, no seu día nomeada aos Premios César de cinema francés, obtivo moita popularidade grazas á súa presenza en pezas de importante relevancia na historia, o que lle permitiu dedicarse con maior solvencia á súa verdadeira paixón: o teatro.
A Filmoteca de Galicia, que retomaba a actividade hai uns días, súmase á celebración do Ano Internacional María Casares cunha retrospectiva sobre o legado cinematrográfico da actriz coruñesa.
Na mostra, que se poderá ver no antigo CGAI da Coruña, ofrecerá algunhas das películas das que formou parte, ademais de varios documentais centrados no seu traballo sobre as táboas, así como outros títulos nos que participou a partir dos anos 60 e que mostran a carga simbólica dos papeis que María Casares escollía na súa última etapa cinematográfica, centrados en aspectos que expoñen a súa experiencia vital tales como o exilio, a guerra ou os valores republicanos.
Sobre a súa presenza na sétima arte falarase este mércores na conferencia ‘ A comediante fronte á cámara: María Casares non cinema’ que terá lugar este mércores ás 20H na Fundación Luís Seoane da man de Jose Manuel Sande, historiador, escritor cinemátográfico e programador da Filmoteca de Galicia.