Cerámica Creativa na Arca da Noe asinada por Masa
A exposición do ceramista Xaponés pode visitarse até novembro

Masa e Juan Ramos falan da exposición na Arca da Noe / Radio Limia Cadena SER

Ourense
Na Arca da Noe, en Vilar de Santos, despide setembro cun concerto do grupo do Carballiño Susie Q´s. Será o venres 30 a partir das nove e media da noite.
A programación para outubro xa está anunciada e o primeiro día deste mes presentarase a exposición de Tamara Garrido e o concerto de de Xiz.
Porén, até novembro aínda poderá visitarse a exposición de Masa. Unha das persoas que visitou esta exposición, Juan Ramos, asomouse aos micrófonos de Radio Limia Cadena SER e definiuna como “hay mucho de utilitario, pero también de utilitario intervenido por otros materiales que lo hacen muy interesante. Sorprende también la ubicación de los elementos”.
A inauguración da exposición foi o día 4 de setembro e poderá visitarse até o 4 de novembro .