Dolores Rico: “Las enfermedades se han investigado en el cuerpo del hombre”
A coordinadora da Escola de Saúde da Limia fala da invisibilidade da muller na medicina nos micrófonos de Radio Limia Cadena SER
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Dolores Rico fala da Xornada Invisibilizadas para a medicina
Ourense
Fai uns días presentouse en Xinzo de Limia a Xornada Invisibilizadas para a Medicina. Unha xornada na que se analizou a situación da muller perante a medicina, tendo en conta que “las enfermedades se han investigado en el cuerpo del hombre”, tal e como afirmou Dolores Rico. A coordinadora da Escola de Saúde da Limia falou da invisibilidade da muller na medicina Rural e achegou experiencias propias da Limia.
Ademais, os faladoiros contaron coa presenza de María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia ou María Sabela Landín, presidenta da Asociación de Afectadas de Essure de Galicia, entre outras.
Pola súa banda, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, destacou que “poñer no centro do debate a necesidade de que a medicina contemple as mulleres como suxeitos de dereito é fundamental”.
A xornada desenvolveuse en colaboración co concello de Xinzo de Limia e a Escola Rural de Saúde da Limia. Sobre a mesa, cuestións sobre a invisibilidade das mulleres nos ensaios dos medicamentos.