Un acto festivo para estrear a renovada Praza do Calvario
O Concello de O Rosal inaugura o seu novo espazo de estancia e lecer o 1 de outubro ás 20:00 horas
![Entrevista a Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal](https://cadenaser.com/resizer/v2/https%3A%2F%2Fcloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com%2Fprisaradio%2F4NOGEHZ4HBDOLMJ5JD5P2Q6MX4.png?auth=f261090a70a7dd19a0e74b17fc59b96fd3f77ba21da8f416346668aebca6765d&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
Entrevista a Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal
05:20
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O Rosal
Despois de oito meses de obras, O Rosal estrea esta fin de semana a súa renovada Praza do Calvario. O Concello celebra este sábado 1 de outubro un acto inaugural aberto á veciñanza que contará coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, así como de membros da corporación municipal, rexidores do Baixo Miño ou representantes das asociacións culturais, deportivas e sociais do municipio.
O acto inaugural arrancará ás 20:00 h coa actuación do grupo de baile de Paula Cobián e pecharase, tras a intervención das autoridades, cun concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal. Cando remate a actuación, a veciñanza poderá desfrutar xa dos resultados dun proxecto co que o Concello do Rosal busca dar un paso adiante na recuperación de espazos públicos para as persoas, xerando unha zona de estancia, encontro e lecer de uso polivalente e marcado carácter peonil, que tamén servirá para impulsar o dinamismo comercial da zona.
A Praza do Calvario reformouse con materiais construtivos que preservaron o carácter patrimonial e arquitectónico existente, mellorando as condicións de mobilidade peonil e as condicións ambientais e paisaxísticas da praza. Ademáis renovárense de todas as canalizacións. Esta obra contou cun orzamento de 1,5 millóns de euros cofinanciados entre o Concello e a Deputación a través do ReacPon, e para o que o Goberno municipal tamén solicitou axudas europeas.
Gladiator Family
Tamén este sábado O Rosal celebra en Portecelo a Gladiator Family, unha animada carreira de obstáculos dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, acompañados sempre dunha persoa adulta. O Concello colabora con Banco Mediolanum e Noko 360 na organización desta proba que comezará ás 16.30 horas e se desenvolverá na Explanada do Horizonte. A alcaldesa,
A inscrición terá un custo de 2 euros por parella que irán destinados de forma íntegra á Asociación Down Vigo. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse enchendo un formulario web ata o vindeiro 28 de setembro ás 23.59 h.