Cine y TV | Ocio y cultura

Miguel Anxo Fernández: "Galicia ocupa un lugar destacado no Festival de Cine Internacional de Ourense"

Hoxe no Auditorio de Ourense, ás oito e media da tarde, terá lugar a gala inaugural do OUFF

O director do Festival de Cine de Ourense, Miguel Anxo Fernández / Alberte Paz

O director do Festival de Cine de Ourense, Miguel Anxo Fernández

Ourense

Setenta e dúas longametraxes e quince curtametraxes procedentes de máis dunha vintena de nacionalidades. Son as premisas coas que conta este ano o Ourense Film Festival. Entre esta variedade de produción, Galicia conta cun lugar destacado, segundo adiantaba Miguel Anxo Fernández, director do festival.

Entre eses filmes galegos, terá lugar a estrea mundial de O home e o can. A longametraxe, gravada en Ourense e dirixida por Ángel de la Cruz, terá hoxe o seu primeiro pase. Tamén, dentro da sección oficial, se proxectarán audiovisuais destacados como Manto de gemas de Natalia López, recoñecida co Oso de Prata-Premio do Xurado.

Pola súa banda, o sábado 24 proxectarase en Pontevella Triángulo de Tristeza, recoñecida coa Palma de Ouro á mellor película. Unha historia na que unha parella de modelos son invitados a un cruceiro de luxo. A embarcación afunde e acaban nunha illa deserta cun grupo de multimillonarios e unha señora da limpeza, única que sabe pescar.

Tamén haberá espazo para estreas en España, como a película portuguesa: Restos do Vento de Tiago Guedes. No apartado de premios, un ourensán: Chechu Salgado, tamén recoñecido co Premio Goya a mellor actor revelación. A Calpurnia de Honra recoñece o traballo de Jaime Chávarri, que se despide do sétimo arte en Ourense.

Por diante, e dende mañá, xornadas de cine no Teatro Principal, no Cineclube Padre Feijoo e en Pontevella. Será até o domingo 2, cando se proxectará a película premiada.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00