Pilar García Porto acusa ao PP provincial de "buscar a foto" na súa proposta para colaborar na confección dos orzamentos do 2023
O executivo provincial acusa a oposición de non "ter propostas concretas" e que "reclamar máis cartos para todo non é facer un presuposto, é unha carta ós Reis Magos”

Pilar García Porto, diputada de cultura, este viernes / Cadena SER

Lugo
O executivo local responde cunha firme negativa á proposta dos populares provinciais de convocar e celebrar unha Xunta de Voceiros ou unha reunión da Comisión Informativa de Economía, Recadación e Especial de Contas sobre os Orzamentos provinciais do ano 2023.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, ven de remitir un escrito no que agradece a proposta da bancada popular, ainda que “o realmente interesante sería que presentasen un proxecto de orzamentos como documento de traballo para poder debater e contrapoñelo ao proxecto de orzamento que elabora o equipo de Goberno, dado que, sen ter propostas concretas, é imposible traballar e debater con rigor as diferentes propostas de orzamento”.
A encargada de dar a coñecer a posición do mandatario foi a portavoz socialista, Pilar García Porto, quen incidíu en que "se o Partido Popular nesta provincia fose serio e fose en serio, presentarían un proxecto de presuposto propio ou, polo menos, propostas concretas, algo que ata o de agora neste mandato nunca fixo”.
Porto recimina ao Partido Popular provincial que centran a súa atención en “reclamar máis cartos para todo", e matiza que iso "non é facer un presuposto, é facer unha carta ós Reis Magos”.
Para o executivo provincial esta proposta o único que busca "é a foto". “O que me queda claro con todo isto é que o voceiro do Partido Popular está buscando a foto, busca o protagonismo, pero a verdade é que de traballo pola provincia, cero”, recalcou Pilar García Porto.
Ademáis, dende o excutivo provincial recordan que os aprtidos teñen ferramentas au seu dispor para colaborar la confección dos orzamentos. “El sábeo ben porque foi Alcalde e agora é portavoz na oposición no seu concello e na Deputación, no Pleno de aprobación do orzamento, que vén precedida por unha Comisión Informativa de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, debátese sobre o mesmo, podendo facer emendas e chegar a transaccións, ou presentar un orzamento alternativo, algo que, reitero, polo de agora nunca fixo o PP”.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo