Hoy por Hoy VigoHoy por Hoy Vigo
Política | Actualidad
BNG

Ana Pontón: "A saída sur de Vigo e o Corredor Atlántico son absolutamente estratéxicos para Galicia"

A líder do BNG pediulle a Alfonso Rueda un cambio radical nas políticas sanitarias e educativas

Coki Barrio Radio Vigo

vigo

Ana Pontón abriu curso político en Radio Vigo e analizou a traxectoria definida por Alfonso Rueda coma presidente da Xunta de Galicia, unha vez superados os primeiros cen días do seu mandato. Pediu con urxencia á Xunta “políticas para as persoas”, un cambio de rumbo nas políticas sanitarias e educativas e que se reflictan nos seguintes Orzamentos Autonómicos de 2023 unha maior inversión para darlle un pulo os sectores estratéxicos. A Voceira Nacional do BNG lembrou a Rueda que ten que facer unha aposta decidida pola automoción e tamén pediulle máis ambición á hora de captar investimentos para fábricas de compoñentes ou baterías. Pediu maior implicación ao Gobierno Central para que atenda as necesidades de Stellantis Vigo nos Perte e nos fondos Next Generation.

Ana Pontón pidió un mayor compromiso de la Xunta por el sector de la automoción

02:33

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Ana Pontón tamén foi crítica coa postura da Xunta no tocante as infraestruturas pedindo un maior esforzo para poder vertebrar mellor a nosa comunidade. Considera absolutamente fundamental a Saída Sur Ferroviaria de Vigo e o Corredor Atlántico de Mercadorías. Cree que Portugal está dando un exemplo de compromiso con Galicia mentres en Madrid están aplicando políticas máis centralistas.

Ana Pontón pide a la Xunta y Gobierno Central un impulso de la salida sur y Corredor Atlántico

01:17

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Con respecto aos candidatos ás municipáis, Ana Pontón agarda manter as alcaldías que agora ten o BNG na Área Metropolitana, valorou o traballo de alcaldesas coma as de Tomiño, O Rosal, Ponteareas ou Moaña e deixou a decisión do candidato ou a candidata á alcaldía de Vigo para os vindeiros dous meses. A decisión estará tomada antes de que remate o ano.

Ana Pontón espera tener candidat@ a la alcaldía de Vigo en diciembre

01:30

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00