Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad

O sábado das asociacións de A Guarda

A IV Mostra Asociativa terá lugar na Praza de Avelino Vicente nunha tarde chea de actividades

Entrevista a Fátima Rodríguez, concejala de A Guarda, sobre la IV Mostra Asociativa

Entrevista a Fátima Rodríguez, concejala de A Guarda, sobre la IV Mostra Asociativa

05:16

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Guarda

Este ano 2022 o movemento asociativo de A Guarda retoma con moita forza e ilusión a súa festa asociativa tras dous anos do descanso obrigatorio imposto pola pandemia. Este sábado, 10 de setembro, volta a rúa a IV edición da Mostra asociativa, onde o municipio brilla coa presenza de moitas das entidades que dia a día realizan actividades, idean proxectos e prestan apoio, para facer da vila un lugar máis cooperativo, participativo e dinámico.

A mostra deste ano arrancará ás 15:30 horas na Praza Avelino Vicente e traerá consigo unha morea de stands no que as entidades tratarán de representar parte do seu traballo e nos que tamén se levarán a cabo actividades diversas como xogos (interactivos, tradicionais...) obradoiros de nós, chapas, probas de remo ergómetro, sorteos, etc. As actuacións de música, canto e baile tamén estarán presentes durante a xornada da man das entidades culturais e deportivas participantes, así como o teatro e as performance, terán tamén o seu espazo na programación do evento.

O broche final este ano estará protagonizado pola baixada de Carrilanas a partir das 19:00 horas, baixada que tradicionalmente ven celebrando A Gándara, pero que este ano e como parte da rede asociativa, a entidade organizadora trasladou ata o centro de A Guarda para que forme parte do programa da Mostra percorrendo a rúa Concepción Arenal.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00