Sociedad | Actualidad

Unha confusión debido á marea baixa, a causa máis probable da varada de 13 golfiños en Balarés

Tódolos golfiños volveron ao mar axudados polas persoas que estaban na Praia nese momento

Ponteceso

Na mañá do domingo 13 golfiños vararon na praia de Balarés en Ponteceso. Segundo o responsable do CEMMA Alfredo López non se sabe con certeza a causa desa varada, o máis probable é que foxe debido a unha confusión debido á marea baixa. Afortunadamente, nesta ocasión, tódolos golfiños volveron ao mar axudados polas persoas que estaban na Praia nese momento. O mesmo ocorreu con outro golfiño que varo una praia de Laxe. Non pasou o mesmo no ano 1997 cando morreran 6 dos 25 golfiños que vararan na Praia de Langosteira en Fisterra.

López explicounos que estes animais están todo o ano nas nosas rías, aínda que teñamos a sensación de que nos visitan máis no verán debido a que pasamos máis tempo nas praias e preto da costa.

O responsable do CEMMA falou tamén das interaccións das candorcas con barcos. Segundo López, en xeral, non están detectando un número maior destas interaccións que en anos anteriores, o que está sucedendo é que este verán a maioría delas están tendo lugar fronte a Costa da Morte, cando en outras ocasións ocorrían no Estreiro. Calculan dende o CEMMA que son unhas 14 as candorcas que se están comportando deste xeito e que a maioría das interaccións teñen lugar con veleiros de 11 a 17 metros.

Polo momento segue sen coñecerse exactamente a causa deste comportamento por parte das candorcas, Alfredo López recorda que non se trata de ataques agresivos senon de xogos amigables, algo que demostra o vídeo gravado recentemente na nosa zona no que pode verse interactuando a candorcas e golfiños cunha embarcación. “Se as candorcas tivesen unha actitude agresiva os primeiros en marchar serían os golfiños”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00