O mellor fútbol sala feminino regresa a Cartelle
A Deputacón de Ourense apoia o II Torneo Internacional Ourensanía

O mellor fútbol sala feminino regresa a Cartelle / Alberto Paz-Deputación

Os días 3 e 4 de setembro, no pavillón de deportes Piño Vilachá de Outomuro, daranse cita catro equipos, Cidade das Burgas, MSC Torreblanca de Melilla, C.D. Burela, e o campión italiano Cittá di Falconara.
Un torneo de luxo, no concello ourensán de Cartelle, co fútbol sala feminino,que fae un dos trofeos máis importantes de Europa.
O torneo foi presentado no Pazo Provincial polo presidente da Deputación, Mnauel Baltar, acompañado polo alcalde, Jaime Sousa, o coordinador de deporte escolar da Xunta de Galicia en Ourense, Carlos Bericat, e mailo organizador do torneo, José Ángel Baliñas.