A Garda Civil de Carballo detén a un home como presunto autor de tres robos con violencia e dous delitos de estafa
Os roubos producíronse en xoierías utilizando gas pementa

16/01/2019 Imagen de recurso de la Guardia Civil SOCIEDAD ESPAÑA EUROPA ISLAS BALEARES AUTONOMÍAS GUARDIA CIVIL / GUARDIA CIVIL

Carballo
A Garda Civil de Carballo e de Santiago de Compostela detiveron a un home como presunto autor de tres delitos de roubo con violencia en xoierías utilizando gas pementa e dous delitos de estafa, no marco da operación “Aerosol”.
O detido solicitaba aos dependentes das xoierías que lle mostrasen diversos produtos e, cando xa estaban no mostrador, agredíaos cun spray de gas pementa e dábase á fuga co botín. A operación iniciouse por mor dos roubos con violencia perpetrados en xoierías de Ordes, Santa Comba e Santiago de Compostela o pasado mes de xullo. O delincuente cambiaba habitualmente de vehículos e de terminais telefónicos para evitar ser localizado.
Tamén se lle considera presunto autor de varias estafas na compravenda de turismos. Contactaba con particulares que vendían o seu vehículo e, tras reunirse con eles en persoa, simulaba realizar unha trasferencia bancaria, que nunca se chegaba á conta do vendedor. No mesmo momento levaba o coche. Inmediatamente cambiaba de número de teléfono cos coches no seu poder polo que os vendedores non podían localizalo.
O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.